Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 16 de abril de 2015 Páx. 14648

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (1485/2014).

Cristina Cao Sánchez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, polo presente, anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Yaima Ulloa Morales fronte a Juan Carlos García Real, en situación de rebeldía procesual, ditouse esta sentenza, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Decido que estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Gosende Gómez en nome e representación de Yaima Ulloa Morales asistida da letrada Sra. Balboa Guerra fronte a Juan Luis García Real, maior de idade, indicada en autos declarado en rebeldía procesual e sen intervención do Ministerio Fiscal ao non concorrer fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio, debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio contraído por ambos os litigantes na data do 5.3.2010 en Cuba, inscrito no Rexistro Civil Consular da Habana no tomo 143, páxina 351, sección 2ª do Rexistro Civil por concorrer a causa prevista no artigo 86.1 do Código civil, transcorridos máis de tres meses de matrimonio.

Unha vez firme esta presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e 776 da Lei de axuizamento civil) logo de consignación de depósito previsto na disposición adicional 15 de la LOPX.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e do seu partido xudicial.

Publicación. Unha vez lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data; dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Juan Carlos García Real, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2015

A secretaria xudicial