Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 16 de abril de 2015 Páx. 14711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 27 de marzo de 2015 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 28 de marzo de 2014, ditada no expediente S-14/98 (SIL/34/2012-H1R1), devolta polo servizo de Correos por resultar o destinatario ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 6 de marzo de 2015 ditou a resolución pola que se resolve ter por desistido a Antonio Emilio Núñez Barcia do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 28 de marzo de 2014, ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sobre imposición dunha oitava multa coercitiva.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución a Antonio Emilio Núñez Barcia, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística