Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 16 de abril de 2015 Páx. 14708

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2015 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria e documentalmente simplificado, dos servizos formativos para impartir ensinanzas especializadas na obtención de titulacións profesionais náutico-pesqueiras e certificados de especialidade (Fondo Social Europeo-FSE nun 80 %, eixe 3, tema prioritario 72) (expediente 20/2015 ).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizos formativos para impartir ensinanzas especializadas na obtención de titulacións profesionais náutico-pesqueiras e certificados de especialidade.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 30 de novembro de 2015.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 80530000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinario e aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: oferta económica (único criterio).

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 780.763 € (exento de IVE con base no artigo 20.1.9º da Lei 37/1992).

Valor estimado: 780.763 €.

5. Financiamento: fondos propios e fondos FSE (80 %) Galicia 2007-2013. Actuación: eixe 3, tema prioritario 72.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas letras J e K da folla de especificacións.

c) Requisitos de habilitación profesional: o licitador debe contar coas homologacións exixidas no número 3 do prego de prescricións técnicas.

7. Garantías exixidas: definitiva 39.038,15 € (5 % do orzamento de licitación).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Enderezo: Edificio Administrativo nº 5-2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 42/981 54 57 37 (consultas administrativas); 981 54 61 39 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén poderán obterse os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22416

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará aos quince (15) días naturais, non sendo que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deben presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a Oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano s/n, Santiago de Compostela, CP 15781). Poderase enviar por correo a este rexistro único dentro do prazo de admisión sinalado. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

10. Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

11. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da consellería.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura do sobre B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do noveno día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, non sendo que for sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

12. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2015

P.D. (Orde 30.3.2012; DOG núm.70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar