Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 15 de abril de 2015 Páx. 14564

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

CÉDULA do 25 de marzo de 2015 pola que se notifica a resolución de pagamento da axuda concedida no marco da Resolución do 8 de maio de 2014 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, cofinanciadas co Feader, para executar o proxecto B14-32121-1109.

O 11 de decembro de 2014, o director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) resolveu que se lle pagase a Iván Cid Blanco a axuda que se lle concedeu para executar o proxecto B14-32121-1109, no marco da Resolución do 8 de maio de 2014 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, cofinanciadas co Feader.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias de Agader (A Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), para a súa consulta desde as 9.00 ata as 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2015

Antonio Crespo Iglesias
Director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural