Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 15 de abril de 2015 Páx. 14565

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2015 pola que se anuncia a declaración de deserta da licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración de equipamentos para uso en centros de formación dos empregados públicos da Xunta de Galicia e servizo de desenvolvemento dunha ferramenta de xestión de equipamentos en aulas, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 08/2015), correspondente ao lote 2: subministración de 35 portátiles destinados para uso en aulas dos centros de implantación do proxecto.

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 08/2015 L2.

d) Lote: lote 2.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto do lote 2: subministración de 35 portátiles destinados para uso en aulas dos centros de implantación do proxecto.

c) Medio de publicación do anuncio:

DOG: 13.11.2014.

BOE: 29.11.2014.

Envío a DOUE: 10.11.2014.

d) Prazo e lugar de entrega: o prazo de entrega da subministración obxecto deste lote será dun mes contado a partir da data de formalización do contrato.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado para o lote 2: subministración de 35 portátiles destinados para uso en aulas dos centros de implantación do proxecto é de 19.250,00 € + IVE (4.042,50 €) = 23.292,50 €.

5. Formalización do contrato.

a) Estado: deserto.

b) Data da declaración: 30.3.2015.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia