Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 15 de abril de 2015 Páx. 14382

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 24 de marzo de 2015 pola que se autorizan a apertura e o funcionamento do Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas Montecastelo de Vigo.

O representante da titularidade do Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas Montecastelo, de Vigo, solicita autorización para impartir as ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo e técnico deportivo superior en Fútbol, reguladas polo Decreto 353/2003, do 11 de setembro, e polo Decreto 372/2003, do 16 de setembro.

O Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial.

O Decreto 410/2003, do 6 de novembro, regula os requisitos e o procedemento para a autorización a centros privados e a centros públicos que non sexan de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para impartir ensinanzas de técnicos deportivos na Comunidade Autónoma de Galicia; norma desenvolvida polas ordes desta consellería do 12 de abril e do 23 de abril de 2004, nas cales se determinan o procedemento de autorización e os requisitos mínimos dos espazos administrativos e docentes xenéricos con que deben contar os centros.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a apertura e o funcionamento do Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas Montecastelo, que queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas.

Denominación específica: Montecastelo.

Código do centro: 36024884.

Titular: Fomento de Centros de Enseñanza, S.A.

Domicilio: rúa Doutor Paz Pardo, 84.

Localidade: Vigo.

Código postal: 36214.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Ensinanzas que se autorizan:

– De grao medio: ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo en Fútbol. 2 unidades de 30 postos escolares cada unha.

– De grao superior: ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo superior en Fútbol. 1 unidade de 30 postos escolares.

Segundo. Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria