Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 14 de abril de 2015 Páx. 14335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de desenvolvemento dunha plataforma tecnolóxica de personalización de servizos 2.0 para o paciente dentro do subproxecto IS6-paciente experto 2.0, cofinanciado nun 80 % por fondos Feder-Fondo Tecnolóxico, eixe 1, tema prioritario 04 (expediente AB-SER1-14-035).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-14-035.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de desenvolvemento dunha plataforma tecnolóxica de personalización de servizos 2.0 para o paciente dentro do subproxecto IS6-paciente experto 2.0.

c) Lote (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72200000-7 e 72212211-1.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

g) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia núm. 216, do 11 de novembro de 2014.

Boletín Oficial del Estado núm. 278, do 17 de novembro de 2014.

Diario Oficial de la Unión Europea núm. 2014/S 209-370427, do 30 de outubro de 2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 992.250 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 992.250 euros. Importe total: 1.200.622,50 euros.

6. Formalización dos contratos:

a) Data de adxudicación: 5.2.2015.

b) Data de formalización: 25.2.2015.

c) Contratista: Hewlett Packard Española, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 900.000 euros. Importe total: 1.089.000 euros.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos