Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 14 de abril de 2015 Páx. 14337

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de oficina de proxectos para a coordinación do desenvolvemento de solucións TIC incluídas nos proxectos de Innovación H2050 e Innova-Saúde, cofinanciado nun 80 % por fondos Feder-Fondo Tecnolóxico, eixe 1, tema prioritario 04 (expediente AB-SER1-14-041).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-14-041.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de oficina de proxectos para a coordinación do desenvolvemento de solucións TIC incluídas nos proxectos de Innovación H2050 e Innova-Saúde.

c) Lote (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72212000-4.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

g) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia núm. 192, do 8 de outubro de 2014.

Boletín Oficial del Estado núm. 237, do 30 de setembro de 2014.

Diario Oficial de la Unión Europea núm. 2014/S 183-323430, do 24 de setembro de 2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 474.165 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 474.165 euros. Importe total: 573.739,65 euros.

6. Formalización dos contratos:

a) Data de adxudicación: 30.12.2014.

b) Data de formalización: 27.1.2015.

c) Contratista: Queres Tecnologías, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 346.950 euros. Importe total: 419.809,50 euros.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos