Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 13 de abril de 2015 Páx. 14151

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación das obras de asfaltado da avenida Clara Campoamor.

Contratación por procedemento aberto das obras de reforzo da capa de rodadura do firme da avenida Clara Campoamor p.q. 3+730 a p.q. 4+650.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Vías e Obras. c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. d) Número de expediente: 73136-250.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras. b) Descrición: obras previstas no proxecto de reforzo da capa de rodadura do firme da avenida Clara Campoamor p.q. 3+730 a p.q. 4+650. c) División por lotes e número de lotes: non. d) Lugar de execución: Concello de Vigo. e) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: a) Importe total: 145.239,93 euros (IVE incluído). b) Financiado con fondos europeos: si, Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe do contrato excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: non se exixe. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no apartado 6) das follas de especificación do contrato (FEC).

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará aos 13 días seguintes ao da publicación do presente anuncio no BOP e no DOG. b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. c) Admisión de melloras: non. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.

Vigo, 6 de abril de 2015

David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación