Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 13 de abril de 2015 Páx. 14149

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación do mantemento de diversos servizos (expediente 15341-444).

Contratación dos servizos de mantemento integral das instalacións electromecánicas dos túneles, pasos inferiores e galerías de servizos da cidade de Vigo.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Servizos Electromecánicos. Nº expediente: 15341-444.

2. Obxecto do contrato: descrición: mantemento integral dos equipamentos e instalacións electromecánicas existentes nos túneles, pasos inferiores e galerías de servizos existentes na cidade.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: un ano. Prórroga: si, unha dun ano de duración.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 634.186,47 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo P, subgrupo 1, categoría C.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o día 7 de maio de 2015.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e conómica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 25 de marzo de 2015

David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación