Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 13 de abril de 2015 Páx. 14011

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 47/2015, do 1 de abril, polo que se dispón o cesamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10 f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e no artigo 9 e) do Regulamento de réxime interno deste, e de acordo coa proposta efectuada pola Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña o 29 de decembro de 2014,

DISPOÑO:

Artigo único

Que cese como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia Evaristo Lareo Viñas, en representación de Confrarías de Pescadores de Galicia (baixura).

Santiago de Compostela, un de abril de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente