Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 10 de abril de 2015 Páx. 13911

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1101/2012).

Eu, Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1101/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raquel Casabelle Rodríguez, Manuela Suárez García, Filomena Rodríguez García contra Galicia Saudade, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decisión:

1. Que estimando a demanda formulada por Raquel Casabelle Rodríguez, Filomena Rodríguez García e Manuela Suárez García contra a empresa Galicia Saudade, S.L., condeno a esta a aboar as cantidades de 357,22 euros a Raquel Casabelle Rodríguez, 295,52 euros a Filomena Rodríguez García, e 29,22 euros a Manuela Suárez García, que lles debe.

2. O Fogasa deberase ater á presente resolución nos termos do artigo 23.5, último parágrafo, e 6, inciso primeiro, da LXS e artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes e advírtese que contra a presente resolución non cabe recurso de suplicación por razón da materia ou contía, sen prexuízo do que poida caber polos motivos recollidos no artigo 191.3.b), d) ou e) da LRXS, no caso de concorreren os supostos previstos en tales preceptos, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da LRXS.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Galicia Saudade, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de marzo de 2015

O secretario xudicial