Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 10 de abril de 2015 Páx. 13913

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (234/2014).

Eu, Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 234/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Noya Durán contra a empresa Publicidad Articolor, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Acordo:

a) Declarar a executada Publicidad Articolor, S.L. en situación de insolvencia por importe de 37.914,96 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) En canto sexa firme, inscribilo no rexistro correspondente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Publicidad Articolor, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 18 de marzo de 2015

A secretaria xudicial