Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 10 de abril de 2015 Páx. 13943

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 23 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan varias interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal, emprázanse as interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia.

As resolucións obxecto de notificación ditounas o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación do conselleiro.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na sede da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria entre as 9.00 e ás 14.00 horas, de luns a venres.

A citada dirección xeral ten a súa sede en Santiago de Compostela, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2015

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Persoa interesada: Ana Rosa Presa Tomé.

Asunto: paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo de empresas de ensinanza privada sostidas total ou parcialmente con fondos públicos).

Acto notificado: resolución de reclamación previa á vía xudicial laboral.

Persoa interesada: Julia Mª Nazaret Pérez Casares.

Asunto: paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo de empresas de ensinanza privada sostidas total ou parcialmente con fondos públicos).

Acto notificado: resolución de reclamación previa á vía xudicial laboral.

Persoa interesada: Ángeles Lijó Figueiras.