Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 9 de abril de 2015 Páx. 13714

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO de aprobación definitiva dun proxecto de estudo de detalle.

Logo de ver os informes favorables emitidos polos servizos técnicos municipais que constan no expediente, segundo o disposto no artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, en relación co artigo 22.2.c) da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, o Pleno do Concello de Verín adoptou, con data do 31 de marzo de 2015, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o proxecto de estudo de detalle formulado por instancia de Escayolas González Pardo, S.L. e Mario Limia Ascariz, elaborado polo arquitecto Rodolfo Rodríguez Guerra, e que ten por obxecto o reaxuste das aliñacións fixadas polo Plan xeral de ordenación municipal de Verín do 7 de de decembro de 2012, na zona de solo urbano consolidado conformada polas parcelas nº 128 e 130 do polígono 1 do Catastro do Concello de Verín.

Segundo. Dar cumprimento ao disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e, por conseguinte, ordenar a publicación do citado acordo no Diario Oficial de Galicia, e ordear a publicación no Boletín Oficial da provincia de Ourense do documento que, de ser o caso, conteña a normativa e ordenanzas.

Terceiro. De acordo co disposto no artigo 92.3 da LOUG, comunicar o dito acordo á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio e darlle traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do estudo de detalle aprobado definitivamente, con todos os planos e documentos que o integran, debidamente dilixenciados polo secretario do Concello.

Verín, 31 de marzo de 2015

Juan Manuel Jiménez Morán
Alcalde