Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 9 de abril de 2015 Páx. 13687

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de marzo de 2015 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/90/2014-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa interesada ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 16 de febreiro de 2015 ditou resolución pola que se declara que as obras executadas consistentes na construción da edificación de planta baixa, na rúa dos Barreiros, barrio de Vilar, parroquia de Camos, no termo municipal de Nigrán, provincia de Pontevedra, son legalizables por seren compatibles co ordenamento urbanístico, polo que se require que no prazo de tres meses se presente a preceptiva licenza urbanística municipal. Se, transcorrido o prazo de tres meses desde o requirimento, os interesados non solicitasen a dita licenza, o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordará a demolición das obras e a reposición dos terreos ao o seu estado orixinario á custa dos interesados e procederá a impedir os usos a que desen lugar. Procederase de igual modo no suposto de que a licenza fose denegada por ser o seu outorgamento contrario á legalidade, segundo o disposto no artigo 209.5 da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución á Asociación de Veciños de Camoesa, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística