Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 9 de abril de 2015 Páx. 13674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 5 de marzo de 2015 pola que se autoriza o cambio de titularidade da concesión administrativa da batea Juan María (Cambados C-310) en cumprimento da Sentenza 53/2009 ditada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa.

Visto o expediente instruído para os efectos da transmisión da batea Juan María e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante a Sentenza 53/2009 do 27.4.2009 ditada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa, Juan Carlos Núñez Reboredo (35436702G) queda como único titular da batea Juan María, cuadrícula 310 do polígono C do distrito marítimo de Cambados.

Segundo. Con data 21.2.2014 procedeuse a facer a anotación no expediente da modificación dos termos da titularidade da devandita concesión.

Terceiro. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, que a modifica, e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños en augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Terceiro. O outorgamento da autorización de cambio de titularidade publicarase no Diario Oficial de Galicia mediante orde.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Publicar a autorización do cambio de titularidade a favor de Juan Carlos Núñez Reboredo (35436702G), con efectos de 27.4.2009, da concesión que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Juan María.

Situación:

Cuadrícula nº: 310.

Polígono: C.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 3.5.1958.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Anteriores titulares: Juan Carlos Núñez Reboredo (35436702G) e Mª Esther Carballo Alcaine (5440664X).

Novo titular: Juan Carlos Núñez Reboredo (35436702G).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. A nova persoa titular da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas dos anteriores titulares desde a data da sentenza xudicial 53/2009 ditada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 5 de marzo de 2015

P.D. de sinatura (Resolución do 12 de abril de 2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa de Coordinación da Área do Mar de Vigo