Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 9 de abril de 2015 Páx. 13660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, unha instalación eléctrica no concello de Toén (expediente IN407A 2014/46-3).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio para os efectos de notificacións na Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense, sobre as autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública das instalacións eléctricas de refencia, que se desagregan no seu proxecto de execución asinado o 20 de outubro de 2014 por Burkard Hecht Elorduy, enxeñeiro industrial colexiado nº 2633, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito:

Primeiro. A petición someteuse a información pública por Resolución do 12 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, publicada no DOG do 9.1.2015, no BOP de Ourense do 12.1.2015, no xornal La Región de Ourense do 29.1.2015, no taboleiro de anuncios do concello afectado e nesta xefatura territorial, en aplicación dos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización das instalacións de enerxía eléctrica.

Segundo. Dentro do prazo establecido para iso non se presentou ningunha alegación en contra do establecemento destas instalacións eléctricas.

Terceiro. As características técnicas básicas das instalacións proxectadas, que teñen un orzamento de 121.980,71 euros, son as seguintes:

• LMT subterránea a 20 kV de 667 m de lonxitude, con condutor RHZ1-12/20 kV-3(1×150) Al, que ten a súa orixe en P.A.S. na LMT CAS806 Rairo II, na actual derivación ao CT particular 32PX20 e remate no CT proxectado, prefabricado Torrón-Alongos II de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

• RBT aerosubterránea de 100 m en aéreo, con condutor RZ, e 90 m en subterráneo con condutor XZ1 derivada do CT proxectado.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A xefatura territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polo Real decreto 1955/2000, polo Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, e polo Decreto 245/2009, do 30 de abril, que regula as delegacións territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio).

Segundo. No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 55 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios ordenados nos capítulos II e V do título VII do citado Real decreto 1955/2000.

Terceiro. O proxecto de execución, que está informado de xeito favorable polos servizos técnicos desta xefatura territorial, reúne todos os requisitos necesarios para a súa execución, e, téndose efectuado a comprobación sobre o terreo da traza da infraestructura eléctrica, non se dá ningunha das limitacións á constitución de servidume de paso a que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000.

Esta xefatura territorial, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar de utilidade pública, en concreto, o proxecto e conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto antes sinalado e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

As instalacións executaranse en prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Segundo. Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 149 do Real decreto 1955/2000, dea comezo ao levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se notifiquen de xeito individual, daqueles predios que figuran no anexo da resolución de información pública do proxecto.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, conforme o establecido no artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 11 de marzo de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense