Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 9 de abril de 2015 Páx. 13701

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 3 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente LRD 029/14 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao non ser posible a notificación polo servizo de Correos, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situada na avda. Ramón Ferreiro, nº 28, de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Lugo, 3 de marzo de 2015

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: LRD-029/14.

Interesado: Juan José González Fernández.

Último enderezo coñecido: r/ Aquilino Iglesia Alvariño, núm. 9, bloque 9, portal B1, baixo D, Lugo.

Acto de notificación: requirimento de pagamento de débedas.

Expediente: LRD-045/14.

Interesado: Santiago Iglesias Martín.

Último enderezo coñecido: r/ Díaz Castro, núm. 8, 1º B, Lugo.

Acto de notificación: requirimento de pagamento de débedas.

Expediente: LRD-114/14.

Interesados: Manuel López González e Ángela Álvarez Vilariño.

Último enderezo coñecido: r/ Juana la Loca, núm. 25, bloque 2, 3º B, Lugo.

Acto de notificación: requirimento de pagamento de débedas.