Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 9 de abril de 2015 Páx. 13699

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 3 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lle notifica á persoa interesada a resolución de pleno dereito do contrato do procedemento P-005/08.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, e logo de comprobarse a desocupación da vivenda, notifícase á persoa interesada a resolución de pleno dereito do contrato e lanzamento da vivenda do procedemento de desafiuzamento administrativo que se detalla no anexo.

Pontevedra, 3 de marzo de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: P-005/08.

Adxudicatario: Daniel Collantes Vieiro.

Enderezo: Poboado Mineiro do Fontao, bloque 3, vivenda 23, ALT C-D, 36599 Vila de Cruces, Pontevedra.

Asunto: resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda de Daniel Collantes Vieiro, así como os demais ocupantes da vivenda identificada co expediente de construción PO-2001NR/01, conta 23.

Indicación do contido: acordar a resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda de Daniel Collantes Vieiro, así como dos demais ocupantes da vivenda situada no Poboado Mineiro do Fontao, bloque 3, vivenda 23, ALT C-D, Vila de Cruces, Pontevedra, que levará a cabo o funcionario do IGVS que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da Administración, incorporada ao expediente e co auxilio das Forzas de Seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírtese aos interesados que, de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderá evitar o lanzamento aboando o total da débeda no prazo de 15 días hábiles a partir do seguinte a aquel en que teña lugar a notificación ou a publicación.

Recursos: contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer perante o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa recepción conforme os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente, dentro dos dous meses seguintes ao da notificación desta resolución, segundo establecen os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).