Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 9 de abril de 2015 Páx. 13695

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 3 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles notifica ás persoas interesadas o requirimento de pagamento en relación co procedemento por falta de pagamento P-044/13.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas o requirimento de pagamento que se detalla no anexo.

Pontevedra, 3 de marzo de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente falta de pagamento: P-044/13.

Expediente de construción: PO-92/502, conta 22.

Nome: Joaquín Estévez Rocha e Ana María Aller Suárez.

Enderezo: avenida da Concordia, núm. 103, piso 3, 2º G, 36700 Tui, Pontevedra.

Asunto: requirimento de pagamento.

Indicación do contido: consonte os artigos 1091, 1124, 1501 e 1504 do Código civil e a cláusula décimo cuarta da escritura de compravenda, requirímolos para o pagamento dos 17 recibos vencidos e non satisfeitos correspondentes da súa vivenda por un importe total de 3.730,70 €, segundo consta na base de datos de facturación do IGVS o 4.12.2014, correspondentes ao período comprendido entre o 1.8.2013 e o 1.12.2014, e faise constar que se irán incorporando ao total da débeda os posteriores vencementos que resulten con falta de pagamento.

De acordo coas obrigas dimanantes do contrato de compravenda, co artigo 81 da Lei 2/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, e co artigo 84 da LRXPAC, concédeselles un prazo de 15 días hábiles para que se poñan ao día nas súas obrigas, procedendo ao pagamento do referido importe en calquera das oficinas de Abanca, ou que se presenten en trámite de audiencia nesta área provincial e acheguen a documentación que consideren conveniente.

Advertímoslles que, en caso de non atender este requirimento, se procederá á resolución do seu contrato.