Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 8 de abril de 2015 Páx. 13521

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de administrativo da Administración xeral.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 71, do 28 de marzo de 2015, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:

Unha praza de administrativo da Administración xeral, pertencente á escala da Administración xeral, subescala administrativo, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios do concello.

O Corgo, 30 de marzo de 2015

José Antonio Ferreiro González
Alcalde