Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 8 de abril de 2015 Páx. 13522

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública relativo a un almacén de residuos e oficinas en Tameiga (expediente 2012/210).

Sométese a información pública o expediente número 2012/210, tramitado por instancia de Hixiene´s, S.L., para unha licenza de actividade de almacén de residuos e oficinas na avenida de Puxeiros, núm. 86, módulo 3, na parroquia de Tameiga deste municipio, para cumprir co número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, que regula a avaliación de incidencia ambiental. Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais para que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, se for o caso, as alegacións e observacións que teña por convenientes.

Mos, 6 de marzo de 2015

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa