Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 8 de abril de 2015 Páx. 13345

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 5/2014, do 27 de maio, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local.

Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, esta dirección xeral dispón a publicación do acordo que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2015

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

ANEXO
Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 5/2014, do 27 de maio, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, na súa reunión do día 25 de febreiro de 2015, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. De conformidade coas negociacións previas mantidas polo grupo de traballo constituído en cumprimento do previsto no acordo da Comisión Bilateral Comunidade Autónoma de Galicia-Administración Xeral do Estado, do 29 de xullo de 2014, para o estudo e a proposta de solución das discrepancias competenciais manifestadas con relación ao artigo 3 da Lei 5/2014, do 27 de maio, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local, ambas as partes considéranas liquidadas de conformidade coas actuacións desenvolvidas e en razón dos compromisos seguintes:

a) En relación coas discrepancias manifestadas sobre o artigo 3 da Lei 5/2014, do 27 de maio, ambas as partes confirman que tanto este artigo como o artigo 7.4 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, segundo a redacción dada pola Lei 27/2013, do 27 de decembro, deben ser interpretados no sentido de que o exercicio polas entidades locais de competencias distintas das propias e das atribuídas por delegación só cabe cando non se poña en risco a sustentaibilidade do conxunto da Facenda municipal, nos termos da lexislación de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira, e non se incorra nun suposto de execución simultánea do mesmo servizo público con outra Administración pública. Estes requisitos operan tanto para as competencias distintas das propias e as delegadas que estivesen a exercer as entidades locais no momento da entrada en vigor da lei como para as que se poidan iniciar a partir dese momento. A Comunidade Autónoma de Galicia comprométese a modificar a súa lexislación de réxime local e a incorporar no ordenamento xurídico autonómico a interpretación contida no presente acordo.

b) Así mesmo, as partes consideran que a continuidade das entidades locais no exercicio das competencias recollidas no artigo 3.3 da Lei 5/2014, do 27 de maio, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local, exixirá unha avaliación previa de cada entidade Local con respecto á non existencia de duplicidades e de sustentabilidade financeira. Iso sen prexuízo do control que, en execución das competencias que corresponda exercer á Comunidade Autónoma, en tanto titular da competencia material e da tutela financeira das entidades locais do seu territorio, exerza de cara a verificar o cumprimento dos citados requisitos recollidos no artigo 7.4 da Lei de bases de réxime local.

c) Ambas as partes están de acordo en que a regulación contida na disposición adicional terceira non impide a aplicación do artigo 57 bis da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, segundo a redacción dada pola Lei 27/2013, do 27 de decembro, para os casos previstos no devandito precepto.

Segundo. En razón do acordo alcanzado, ambas as partes consideran resoltas as discrepancias manifestadas e concluída a controversia exposta.

Terceiro. Comunicar este acordo ao Tribunal Constitucional para os efectos previstos no artigo 33.2 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, así como inserir o presente acordo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Madrid, 25 de febreiro de 2015

Cristóbal Montoro Romero
Ministro de Facenda e Administracións Públicas

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza