Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 8 de abril de 2015 Páx. 13469

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2015/018-1).

Expediente: IN407A 2015/018-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS, CTC e RBT Covarradeiras.

Concello: Ferrol.

Características técnicas:

LMT subterránea a CT Covarradeiras, a 15/20 kV cunha lonxitude de 484 m, coa orixe en paso aéreo-subterráneo proxectado para realizar en apoio nº 99 existente da LMT SMR-723, tramo entre derivada a CT Cocheras (expediente 7.306) e derivada aos CT Cobas Aldea (expediente 7.306) e Barreiro (expediente 52.288), condutor tipo RHZ1 2OL-12/20 kV 1×240 Al e final no CT Covarradeiras (proxectado).

CT prefabricado Covarradeiras, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro de 2013).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro do 2000).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro de 1992), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro de 1999 e BOE núm. 30, do 4 de febreiro de 1999).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351 do 17 de decembro de 1954).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se insire xunto a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do Sector Eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se tería podido realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 26 de febreiro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: IN407A 2015/018-1.

Proxecto: LMTS, CTC e RBT Covarradeiras.

Concello: Ferrol.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

2

Covarradeiras

Labradío

Jesusa Docampo Souto

CTC e acceso. m2: 26.0