Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 8 de abril de 2015 Páx. 13431

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2015, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais, convocado pola Orde do 11 de outubro de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 17 de outubro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 27 de marzo de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 30 de abril de 2014 (DOG núm. 92, do 15 de maio), modificada pola Orde do 13 de xuño de 2014 (DOG núm. 119, do 25 de xuño) encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais, convocado pola Orde do 11 de outubro de 2013 (DOG núm. 199, do 17 de outubro), de conformidade co disposto na base II.1.1.3,

ACORDOU:

Primeiro. Realizar os trámites oportunos para a publicación da valoración obtida polos/as aspirantes presentados/as ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Segundo. De acordo co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, os/as aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás valoracións obtidas no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2015

Alfonso Barreiro Filgueira
Presidente do tribunal