Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 7 de abril de 2015 Páx. 13303

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de marzo de 2015 polo que se notifica a resolución ditada no expediente en materia de dominio público hidráulico DH.D15.44796.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á persoa que se relaciona no anexo a resolución sancionadora ditada polo director de Augas de Galicia, en materia de dominio público hidráulico, devolta polo servizo de Correos.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de alzada ante a Presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio, transcorrido o cal a resolución devirá firme.

O importe da multa deberá ser aboado a través do seu ingreso na conta restrinxida de Augas de Galicia, recadación de multas e sancións, empregando o modelo que se facilitará nas dependencias desta entidade pública empresarial, praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela.

Unha vez firme a resolución sancionadora sen constancia do seu pagamento, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, fáiselle saber que a resolución está á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, sitas no enderezo arriba indicado.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesado

Enderezo

Data da resolución

Sentido da resolución

Precepto infrinxido

Cualificación

Sanción

DH.D15.44796

Francisco Javier Nión Cancela

R/ Ferrol, 15, 3º dta., Meicende, 15142 Arteixo

19.2.2015

Infracción

85.j) LAG

Leve

500