Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 7 de abril de 2015 Páx. 13321

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Chandrexa de Queixa

ANUNCIO de convocatoria de procedemento aberto para a adxudicación do contrato de subministración dun camión con tracción 4x4 e recollida de vehículo existente.

De conformidade co Acordo da Alcaldía do 30 de marzo de 2015, por medio deste anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato da subministración dun camión usado, de tracción 4x4,e recollida do vehículo existente, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Chandrexa de Queixa.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: SEC 2015/001.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración dun camión usado, de tracción 4x4, e recollida dun vehículo usado tipo camión 4x4 propiedade deste concello, con placa de matrícula OR 3138 U.

b) Lugar de execución: Concello de Chandrexa de Queixa.

c) Prazo máximo de entrega: 40 días.

d) Importe: 33.884,30 € máis 7.115,70 € de IVE, que suman un total de 41.000,00 €.

e) Clasificación exixida: non se exixe.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto multicriterio (non suxeito a regulación harmonizada).

4. Garantía provisional: non se exixe.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Chandrexa de Queixa.

b) Domicilio: Rúa do Concello, 19, Celeiros.

c) Localidade e código postal: Chandrexa de Queixa, 32786.

d) Teléfono: 988 33 40 00.

e) Fax: 988 33 40 56.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ás 14.00 horas do último día do prazo de presentación de ofertas. Se este é sábado, domingo ou festivo prorrogaríase ao día seguinte hábil distinto de sábado.

6. Requisitos específicos do contratista: os establecidos na cláusula IX do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP).

7. Criterios de valoración das ofertas: os que figuran na cláusula XIV do PCAP.

8. Presentación das ofertas:

a) Prazo de presentación: quince (15) días naturais que se contarán desde a última publicación.

b) Documentación que se presentará: a establecida na cláusula X do PCAP.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Chandrexa de Queixa, ou por correo, na forma indicada no artigo 80.4 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil, o prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

9. Apertura das ofertas: segundo a cláusula XIII do PCAP.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

11. Perfil de contratante e taboleiro de anuncios, onde figuran as informacións relativas á convocatoria e onde se poden obter os pregos: www.depourense.es

Chandrexa de Queixa, 30 de marzo de 2015

Francisco Rodríguez Rodríguez
Alcalde