Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 7 de abril de 2015 Páx. 13324

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO polo que se fai pública a aprobación inicial da modificación puntual número 1 das ordenanzas do Plan parcial da actuación industrial Vilar do Colo no concello de Fene.

A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria celebrada o 19 de marzo de 2015 aprobou inicialmente a modificación puntual número 1 das ordenanzas do Plan parcial da actuación industrial Vilar do Colo no ámbito do concello de Fene (A Coruña), redactado polo enxeñeiro municipal Lino Ameneiro Seijo en marzo de 2015, coa finalidade de dar cumprimento ao artigo 86 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e proteción do medio rural de Galicia, o dito expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte á última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior circulación da provincia, coa finalidade de que o que o desexe poida examinalo e deducir, durante o dito prazo, cantas alegacións ou observacións considere oportunas. O expediente pode examinarse no departamento municipal de Urbanismo.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Fene, 23 de marzo de 2015

Gumersindo Pedro Galego Feal
Alcalde