Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 7 de abril de 2015 Páx. 13260

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 876/2013).

Procedemento ordinario: 876/2013.

Procedemento orixe:

Sobre ordinario

Demandante: Mercedes López Neira

Demandados: Fondo de Garantía Salarial e Laila Taibo David-Vinoteca Templarius

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 876/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mercedes López Neira contra Laila Taibo David-Vinoteca Templarius sobre reclamación de cantidade -procedemento ordinario, foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Mercedes López Neira, contra Laila Taibo David e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Laila Taibo David a que aboe ao demandante a cantidade de 1.401,68 euros brutos polos salarios percibidos en xaneiro e maio de 2013, así como a compensación económica polas vacacións non desfrutadas no ano 2013, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e 215,64 euros en concepto de indemnización derivada de finalización de contrato temporal.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interporen contra este recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco (5) días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co número 47570000 código 36 e número expediente, o que demostrará mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, que incorporará a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Laila Tabibo David –Vinoteca Templarius–, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de marzo de 2015

A secretaria xudicial