Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 7 de abril de 2015 Páx. 13269

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 202/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de María Carmen Sayáns González contra Gespalia, S.L. e Atlántica de Congresos, S.L., en procedemento ordinario rexistrado co 202/2014, acordouse citar as demandadas Gespalia, S.L. e Atlántica de Congresos, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, situado na rúa Berlín, s/n, sala de vistas 3, planta baixa, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o día 12 de maio de 2015 ás 11.35 horas e ás 11.40 horas para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo. Poden comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, acudindo con todos os medios de proba dos que se tenten valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselles saber que se encontra ao seu dispor na oficina xudicial deste xulgado a cédula de citación, a copia da demanda, o decreto da súa admisión e demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

En caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidos de avogado ou representados tecnicamente por graduado social colexiado, ou representados por procurador, porase esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous (2) días seguintes ao da citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Gespalia, S.L. e Atlántica de Congresos, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2015

A secretaria xudicial