Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 2015 Páx. 12617

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 5 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública unha Resolución do 19 de xaneiro de 2015 de non concesión de axuda ou subvención ao programa de incentivos á contratación indefinida inicial (Programa Conii), reguladas na Orde do 21 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 105, do 4 de xuño), relativa ao expediente TR349A 2014/57-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle a interesada o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber que pon fin á vía administrativa contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 5 de marzo de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Número de expediente: TR349A 2014/57-2.

Nome: Blanco Linares, S.L.

DNI/NIF: B27455567.

Último enderezo coñecido: calzada Huertas, 23, 4º, 27400 Monforte de Lemos, Lugo.

Contido da resolución: resolución ditada o 19 de xaneiro de 2015 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo, de non concesión de axuda ou subvención solicitada, por incumprir a base segunda, número 4, do anexo I-A da orde reguladora da subvención.