Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 2015 Páx. 12614

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación dun servizo para a análise da viabilidade de uso de tecnoloxías baseadas en Home Theatre Personal Computer (HTPC) para a prevención e detección de situacións de deterioración cognitiva en persoas maiores. Tramitación documentalmente simplificada (expediente PA 1/2015).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfono: 981 54 56 50/981 54 69 87.

4º. Fax: 981 54 56 63.

5º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

6º. Data límite para a obtención de documentación e información: o último día do prazo de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: PA 1/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo consistente na análise da viabilidade da prevención e detección de situacións de deterioración cognitiva en persoas maiores empregando tecnoloxías baseada en Home Theatre Personal Computer (HTPC), nun contorno mixto TV/Internet, realizando para isto un estudo nun universo mínimo de 10 persoas.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: un ou varios concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: un ano.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia nomenclatura): 85320000-8 Servizos Sociais.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: véxase a cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP).

4. Valor estimado do contrato: corenta e un mil trescentos vinte e dous euros con trinta e un céntimos (41.322,31 €).

5. Orzamento base de licitación:

a) O orzamento da licitación ascende á cantidade de corenta e un mil trescentos vinte e dous euros con trinta e un céntimos (41.322,31 €), ao cal se lle engaden oito mil seiscentos setenta e sete euros con sesenta e nove céntimos (8.677,69 €) que corresponden ao IVE (21 %), polo que o importe total do expediente de gasto é de cincuenta mil euros (50.000,00 €).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: véxanse as cláusulas 5.4.7. c) e d) do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Adminisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público, cualificación da documentación administrativa.

Apertura dos sobres B: acto público, apertura da documentación non avaliable mediante fórmulas.

Apertura dos sobres C: acto público, apertura da documentación avaliable mediante fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia.

10. Gastos de publicidade: 10,82 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22203

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2015

P.D. (Orde do 19.8.2009)
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar