Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12398

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (5/2015).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 5/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Abilleira Souto contra Academia Abrente, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Acordo.

a) Declarar o executado Academia Abrente, S.L. en situación de insolvencia por importe de 531,68 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

E para que sirva de notificación en legal forma á Academia Abrente, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 9 de marzo de 2015

A secretaria xudicial