Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12399

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (206/2014).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 206/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Fernández Fariña contra a empresa Aluminios Becasi, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Acordo:

a) Declarar o executado Aluminios Becasi, S.L. en situación de insolvencia por importe de 27.179,70 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Firme, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Aluminios Becasi, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 9 de marzo de 2015

A secretaria xudicial