Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 2015 Páx. 12281

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Malpica de Bergantiños

ANUNCIO de información pública da declaración de situación legal de fóra de ordenación total dunha nave dedicada a taller de carpintaría de madeira en Seixas, número 17.

De acordo co disposto na disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 26 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 8/2002, do 30 de decembro, da ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e na Instrución 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da citada disposición, sobre edificacións sen licenza, mediante Xunta de Goberno local do 22 de marzo de 2013, declarouse incursa na situación legal de fóra de ordenación total a nave dedicada a taller de carpintaría de madeira sita en Seixas, 17, Malpica de Bergantiños, localizada nas parcelas catastrais 000101100NH19D00010A e 15044A501017240000WE, de acordo co solicitado por José Luis Romay Pose en representación de Hijos de Romay, S.L.

Para estes efectos faise constar que as naves construídas, cunha superficie de parcela de 2.372 m2, sobre as cales se atopan construídos unha nave principal e anexo I, anexo II, cun total de 1.465 m2 construídos.

De acordo co recollido na normativa e na instrución citadas, e para os efectos de tramitar ante o Servizo Provincial de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e solicitude de cualificación ambiental da actividade, por medio deste edicto e segundo o previsto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, en relación co artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sométese o expediente a información pública, durante o prazo de vinte días, contado a partir do seguinte ao da última publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de anuncios do Concello, para que os que se consideren afectados dalgunha maneira pola actividade poidan facer as observacións pertinentes.

O expediente completo permanecerá exposto nos servizos urbanísticos deste concello de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Malpica de Bergantiños, 10 de febreiro de 2015

Eduardo José Parga Veiga
Alcalde