Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 2015 Páx. 12280

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de licitación do concurso para instalación e explotación dun bar-cafetaría na área de Ribadiso, parroquia de Rendal.

Para os efectos de dar cumprimento ao disposto no artigo 326 nº 1 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, procédese a anunciar que a Xunta de Goberno local, na sesión do día 6 de febreiro de 2015, adoptou o acordo de aprobar o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá para poder levar a cabo a concesión dunha edificación de 306 metros cadrados aproximadamente, situada na área recreativa de Ribadiso, da parroquia de Rendal, deste municipio, que estaría cualificada como ben de dominio público destinado a un servizo público para a instalación e explotación dun bar-cafetaría, por un período de tempo de catro anos improrrogables e un canon de 1.500 euros en cada unha desas anualidades.

O prazo de presentación de proposicións será de quince días naturais contados desde o día seguinte ao da última publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia (boletín en que se fará unha publicación máis estensa do anuncio de licitación).

Arzúa, 23 de marzo de 2015

José Luis García López
Alcalde