Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 2015 Páx. 12267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento de formularios de solicitude para a guía de procedementos e servizos da sede electrónica da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 11/2015).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento dos formularios de guía de procedementos e servizos, incluíndo as capacidades de presentación electrónica de solicitudes a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 21.11.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: 115.500,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 77.000,00 € máis 16.170,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 93.170,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 2.3.2015.

b) Data de formalización do contrato: 4.3.2015.

c) Contratista: Altia Consultores, S.A.

d) Importe de adxudicación: 84.700,00 € (IVE do 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia