Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 2015 Páx. 12265

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2015 pola que se anuncia a declaración de deserta da licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, documentalmente simplificada, do servizo de certificación dixital na Administración pública galega (expediente 83/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 83/2014.

d) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21375

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de certificación para o uso de certificados dixitais, de acordo coa Lei 11/2007, a súa normativa de desenvolvemento e os esquemas nacionais de seguridade e interoperabilidade: certificados de empregado público; certificados de persoa física; certificados de sede; certificados de selo electrónico; certificados xenéricos de compoñente software; certificados de servidor SSL.

b) División en lotes: non.

c) Medio de publicación do anuncio:

DOG: 21 de outubro de 2014.

BOE: 23 de outubro de 2014.

DOUE: 17 de outubro de 2014.

d) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto deste contrato será de 24 meses contados a partir da data de formalización do contrato.

e) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 619.650,00 € máis 130.126,50 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 749.776,50 €.

5. Formalización do contrato.

a) Estado: deserto.

b) Data da declaración: 6 de marzo de 2015.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia