Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 2015 Páx. 11977

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1661/2013).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da sección primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1661/2013 desta sección, seguido por instancia de José Madarnas Gándara contra José Manuel Moledo Otero, Operis, C.B., Paula Baamonde de la Torre, Jesús Miguel Moledo Otero, O Fogasa e Moledo Rial Construcciones, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada do demandante José Madarnas Gándara, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, do 24 de xaneiro de 2013, nestes autos 877/2012, seguidos sobre reclamación de cantidade, por instancia do referido traballador, contra os demandados, as empresas Moledo Rial Construcciones, S.L., Operis, C.B., o Fogasa e a administración concursal, confirmamos integramente a sentenza impugnada.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo da devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta, nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Moledo Rial Construcciones, S.L., con último domicilio coñecido na avenida de Redondela-Chapela, 3, 36320 Redondela, Vigo, expido este para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan de autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

A Coruña, 24 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial