Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 2015 Páx. 12040

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 4 de marzo de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado relativo aos expedientes 28/75 e 37/75.

Na sesión celebrada polo Xurado Provincial con data do 26 de febreiro de 2015 figura o acordo seguinte:

Monte das Negradas (expediente 28/75), pertencente aos veciños da parroquia das Negradas, no municipio de Guitiriz, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial con data do 31 de xullo de 1975, e monte de Miraz (expediente 37/75), pertencente aos veciños da parroquia de Miraz, no municipio de Friol, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial con data do 25 de agosto de 1975. Con data do 17 de xuño de 2014 tivo entrada escrito asinado por Manuel Vázquez Ares e Manuel Devesa Losada, como presidentes das xuntas reitoras respectivas, no que dan traslado dun acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado no 3 de xuño de 2014, perante o Xulgado de Paz de Friol; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no Xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, emite informe, con data do 12 de setembro de 2014, en que se especifican as modificacións da superficie que se producen como consecuencia da avinza, co que queda o monte das Negradas cunha superficie de 769,56 hectáreas, e o monte de Miraz, cunha superficie de 806,11 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Descoñecendo o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre os referidos montes, por medio do presente anuncio, e conforme o disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ponse no seu coñecemento o devandito acordo.

Lugo, 4 de marzo de 2015

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo