Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 2015 Páx. 12030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 26 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai público o inicio do procedemento de reintegro de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego (ILES), reguladas na Orde do 20 de maio de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 27 de maio), relativo ao expediente TR340B 2011/7-2.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento del.

De conformidad co previsto no artigo 38.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente, ante esta xefatura territorial.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 26 de febreiro de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR340B 2011/7-2.

Nome: AB Lugo Zeenla, S.L.

DNI/NIF: B27409713.

Último enderezo coñecido: rúa Anduriñas, 19, entreplanta, 27004 Lugo.

Feito imputado: non manter os traballadores subvencionados ao abeiro desta orde durante un período de tres anos.

Precepto infrinxido: artigos 20.1.d) e 20.2.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.