Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 2015 Páx. 11690

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle, readaptación de aliñacións e definición de rasantes da zona 6 do SU 5 na rúa Xulia Minguillón (expediente planeamento urbanístico 2014011045).

Anúnciase, de conformidade co disposto no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, que o Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 6 de febreiro do ano 2015, adoptou, entre outros, o seguinte acordo, cuxa parte dispositiva di:

«O Pleno do Concello, por vinte e dous votos a favor dos grupos municipais do Partido Popular e PSdeG-PSOE e cinco abstencións dos grupos municipais do Bloque Nacionalista Galego e Democracia Ourensana, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle, readaptación de aliñacións e definición de rasantes da zona 6 do SU 5 (rúa Xulia Minguillón)».

Contra esta resolución, que é definitiva na vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. No obstante, poderase interpoñer calquera outro recurso que se considere oportuno.

Todo isto conforme o disposto nos artigos 52 da Lei reguladora das bases do réxime local; 194 e concordantes do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais; 58 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; 10 e 46 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa e demais de aplicación.

Con data do 27 de febreiro de 2015 recibiu o expediente a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Ourense, 27 de febreiro de 2015

Agustín Fernández Gallego
Alcalde presidente