Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 2015 Páx. 11596

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2015, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais, convocado por Orde do 11 de outubro de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 17 de outubro), pola que que se concretan diversas cuestións relativas á realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 19 de marzo de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 30 de abril de 2014 (DOG núm. 92, do 15 de maio), modificada pola Orde do 13 de xuño de 2014 (DOG núm. 119, do 25 de xuño), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, que a certificación médica en que se faga constar que o/a aspirante reúne as condicións físicas precisas para a realización da proba debe ter unha antigüidade máxima de tres meses, contados desde a data en que se vai realizar a proba.

A certificación médica será entregada ao tribunal xunto cunha fotocopia.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2015

Alfonso Barreiro Filgueira
Presidente do tribunal