Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 2015 Páx. 11595

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2015, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais, convocado por Orde do 11 de outubro de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 17 de outubro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 17 de marzo de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 30 de abril de 2014 (DOG núm. 92, do 15 de maio), modificada pola Orde do 13 de xuño de 2014 (DOG núm. 119, do 25 de xuño), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, que o terceiro exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 27 de marzo de 2015 e que o lugar de realización será no Estadio Municipal de San Lázaro, porta 1, sito na avenida Fernando Casas Novoa, núm. 20, en Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, coa roupa e calzado que consideren adecuado e cunha certificación médica en que se faga constar que o/a aspirante reúne as condicións físicas precisas para a realización da proba. A non presentación do dito documento suporá a exclusión do aspirante do proceso selectivo.

O tribunal facilitará aos/ás aspirantes as mochilas cun peso adicional de 11 (once) quilogramos para a realización do exercicio.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2015

Alfonso Barreiro Filgueira
Presidente do tribunal