En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de obras:
Mellora do abrigo na dársena interior no porto de Burela (Lugo).
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Portos de Galicia.
b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.
c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.
d) Clave do expediente: 11/2014/CNTOB.
e) Enderezo da internet do perfil do contratante:
www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20856
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: administrativo de obra.
b) Descrición do obxecto: mellora do abrigo na dársena interior no porto de Burela, Lugo.
c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, núm. 148.
d) Data de publicación do anuncio de licitación: 6 de agosto de 2014.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto, sistema multicriterio.
4. Valor estimado do contrato:
339.000,00 euros, IVE excluído.
5. Orzamento base de licitación:
Importe neto: 399.033,62 euros. Importe total: 482.830,68 euros.
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 23 de febreiro de 2015.
b) Data de formalización do contrato: 4 de marzo de 2015.
c) Contratista: Oys Noroeste, S.L.
d) Nacionalidade: española.
e) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 339.000,00 euros. Importe total: 410.190,00 euros.
f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2015
José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia