Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 2015 Páx. 11670

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2015 pola que se fai pública a formalización dun contrato de obras, non suxeito a regulación harmonizada.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de obras:

Finalización do edificio de servizos náuticos no porto de Pontedeume (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Clave do expediente: 4/2014/CNTOB.

e) Enderezo da internet do perfil de contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20586

2. Obxeto do contrato:

a) Tipo de contrato: administrativo de obra.

b) Descrición do obxecto: finalización do edificio de servizos náuticos no porto de Pontedeume, A Coruña.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia núm. 130.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 10 de xullo de 2014.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, sistema multicriterio.

4. Valor estimado do contrato:

265.500,00 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 312.375,25 euros. Importe total: 377.974,05 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 10 de febreiro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 27 de febreiro de 2015.

c) Contratista: Construcciones López Cao, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 265.500,00 euros. Importe total: 321.255,00 euros.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia