Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 2015 Páx. 11531

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

EDICTO de oferta de emprego público.

Resolución da Alcaldía, do 6 de novembro de 2014, pola que se aproba a oferta de emprego para o ano 2014.

Corporación: Concello do Corgo.

Número de código: 27014.

Funcionarios: unha praza.

Prazas ou postos que se van cubrir: un administrativo, xefe de sección.

Sistema selectivo: promoción interna.

Funcionarios de carreira:

Grupo segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: C1.

Clasificación: escala de Administración xeral.

Subescala: Administrativa.

Número de vacantes: 1.

Denominación: administrativo.

O que se fai público, en cumprimento do disposto nos artigos 91.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, 233 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia e 128 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local.

Contra a citada resolución poderase intepoñer, potestativamente, o recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ou interpoñer, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da referida publicación, sen poder simultanear ambo os dous, conforme se dispón nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a modificación introducida pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, advertíndolle que tamén poderá utilizar calquera outro recurso que xulgue pertinente.

O Corgo, 13 de marzo de 2015

José Antonio Ferreiro González
Alcalde