Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 2015 Páx. 11532

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de información pública sobre concesión de nichos e columbarios do cemiterio municipal de Oroso.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

i. Dependencia: Secretaría.

ii. Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii. Localidade e código postal: Oroso, 15888.

iv. Telefono: 981 69 14 78.

v. Fax: 981 69 17 86.

vi. Correo electrónico: ana.linares@oroso.dicoruna.es.

vii. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com.

viii. Data límite de obtención de documentación e información: ata 2 días naturais antes da finalización do prazo de presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: concesión demanial.

b) Descrición: concesión demanial sobre os nichos e columbarios do cemiterio municipal do Concello de Oroso.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Oroso.

d) Prazo de concesión: 75 anos.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto cun único criterio de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación.

a) Canon de concesión:

i. Prezo por columna (4 nichos e 1 cinceiro): 3.525 euros.

ii. Prezo por nicho: 881,25 euros.

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: non se exixe.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: rematará aos 30 días hábiles contados desde a data de publicación do derradeiro anuncio no BOP, no perfil do contratante ou no DOG.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

i. Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

ii. Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii. Localidade e código postal: Oroso, 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.

7. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

b) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

Oroso, 25 de febreiro de 2015

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde