Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 2015 Páx. 11415

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (688/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 688/2012 por instancia de Emilia José Vilar López, Víctor Manuel Seito Márquez, Salvador Verdía García, Jesús Rodríguez Balseiro e José Antonio Seijo Doldan contra a empresa Lume, S.L., o seu administrador concursal e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 24.2.2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Estímase parcialmente a demanda formulada por Emilia José Vilar López, Víctor Manuel Seito Márquez, Salvador Verdía García, Jesús Rodríguez Balseiro e José Antonio Seijo Doldan fronte á empresa Lume, S.L., a súa administración concursal, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Lume, S.L. a aboar aos demandantes as seguintes cantidades:

• A Emilia José Vilar López a cantidade de 8.315,69 euros.

• A Víctor Manuel Seito Márquez a cantidade de 6.452,54 euros.

• A Salvador Verdía García a cantidade de 6.399,79 euros.

• A Jesús Rodríguez Balseiro a cantidade de 6.508,73 euros.

• A José Antonio Seijo Doldan a cantidade de 7.791,79 euros.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Lume, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 2 de marzo de 2015

O secretario xudicial